lunes, 28 de septiembre de 2015

CELEBRACIÓN DEL DÍA INTERNACIONAL DE LAS PERSONAS SORDAS EN FERROL


EN GALLEGO:
O pasado sábado, 26 de setembro, celebramos o Día Internacional das Persoas Xordas, unha data fundamental para a Comunidade Xorda, unha data na que as persoas xordas saímos á rúa para esixir que se respecten os nosos dereitos, a nosa cultura e a nosa lingua, e para dar visibilidade a un colectivo tantas veces discriminado e esquecido. 

Pero tamén unha data de celebración, na que celebramos os nosos logros e os nosos éxitos; unha data na que reunirnos orgullosos/as de compartir una mesma identidade. 

Supón tamén unha gran motivación para continuar a nosa loita, para continuar creando un mundo accesible, no que haxa cabida para todos e todas, no que se respecten todo tipo de diversidades; porque cremos nunha igualdade real. 

Grazas ao financiamento do Programa Iniciativa Xoven, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través do cal custeamos a viaxe en autobús ata Ferrol, puidemos asistir á celebración do Día Internacional das Persoas Xordas.

Deixámosvos algunhas fotografías do sábado.

Grazas a todos/as por participar.

EN CASTELLANO:
El pasado sábado, 26 de septiembre, celebramos el Día Internacional de las Personas Sordas, una fecha fundamental para la Comunidad Sorda, una fecha en la que las personas sordas salimos a la calle para exigir que se respeten nuestros derechos, nuestra cultura y nuestra lengua, y para dar visibilidad a un colectivo tantas veces discriminado y olvidado.

Pero también una fecha de celebración, en la que celebramos nuestros logros y nuestros éxitos; una fecha en la que reunirnos orgullosos/as de compartir una misma identidad.

Supone también una gran motivación para continuar nuestra lucha, para continuar creando un mundo accesible, en el que haya cabida para todos y todas, en el que se respeten todo tipo de diversidades: porque creemos en una igualdad real.

Gracias a la financiación del Programa Iniciativa Xove, de la Dirección Xeral da Xuventude e Voluntariado, a través del cual hemos costeado el viaje en autobús hasta Ferrol, hemos podido asistir a la celebración del Día Internacional de las Personas Sordas.

Os dejamos algunas fotografías del sábado.



Gracias a todos/as por participar.